Ano

2018

Nacionalidade

Francia

Duración

97 min.

Xénero

Drama, comedia

Idioma

Francés

NOV
12
Martes, 20:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 19:00
Multicines Compostela
Mercar entrada

Unha muller con tendencias suicidas, Irma, crúzase en Aviñón con Dolorès, unha muller moderna que ten por misión redactar unha guía turística gay-friendly nun recanto esquecido da Provenza. A improbable parella lánzase á estrada, pero en vez da Provenza pintoresca buscada nun principio, descubrirán un mundo complexo e unha humanidade acolledora. Para cada unha delas, esta será unha viaxe iniciática.

Crítica Cineuropa

Curiosísima road movie que comeza cun “truco” de guión para forzar un nexo entre as dúas protagonistas (ben Bojena Horackova e mellor aínda Lola Dueñas) que emprenden unha viaxe xunto coa propia película que vai da ficción a unha sorte de documental “contaminado”. Filme de paisaxes naturais, pero sobre todo humanas, o importante son os retratos da xente anónima que estas dúas mulleres en busca de “algo” vai atopando polo camiño. Anne Alix fílmaos nos seus traballos ou ambientes e déixalles un espazo xeneroso para que os comprendamos con dúas pinceladas. Como di unha frase de Van Gogh que aparece no filme, “non hai nada máis artístico que amar a xente”.

Ficha artística

Lola Dueñas, Bojena Horackova, Serge Geairain, Mohammed Tora San Be, Dora Manticello, Alexandre Violet

Ficha técnica

Guión: Anne Alix, Alexis Galmot
Fotografía: Aurélien Py