Ano

2019

Nacionalidade

Italia

Duración

94 min.

Xénero

Drama

Idioma

Hassanía, francés

NOV
17
Domingo, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
24
Domingo, 22:30
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Panorama do Festival de Cannes

A protagonista deste drama, Verida, debe casar nun prazo curto de tempo. Segundo unha tradición mauritana, para volverse máis atractiva e encontrar un marido, ten que aumentar considerablemente de peso, mais ese proceso resúltalle máis difícil conforme transcorre o tempo. Así as cousas, Verida comeza a preguntarse se iso é o que realmente quere.

Crítica Cineuropa

Ás veces é moi doado xogar a baza do exotismo á hora de vender unha película determinada a festivais. E Flesh Out, dende logo, chama a atención nese sentido, mostrándonos esta tradición mauritana onde a muller antes de casar debe engordar, como se de gando se tratase, para ser aceptada pola familia do seu marido. Pero este tipo de relatos caracterízanse por estaren espidos na parte verdadeiramente importante: na do cinema. Non é este o caso e Michela Occhipinti céntrase no verdadeiramente importante, que non é a descrición da tradición senón da humanidade das súas criaturas, e constrúe un filme pequeno e fermoso de ritmo pausado e planos alongados para contar rebelións íntimas e ao mesmo tempo universais.

Ficha artística

Verida Beitta, Ahmed Deiche, Amal Saab Bouh Oumar, Aichetou Abdallahi Najim, Sidi Mohamed Chighaly

Ficha técnica

Guión: Michela Occhipinti, Simona Coppini
Música: Alex Braga
Fotografía: Daria D’Antonio