Ano

2019

Nacionalidade

Reino Unido

Duración

93 min.

Xénero

Documental

Idioma

Inglés

NOV
15
Venres, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
16
Sábado, 21:50
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: Premio L’oeil d’or do Festival de Cannes

Unha muller nova loita para unir o amor, a guerra e o seu papel como nai durante cinco anos no contexto da guerra de Siria.

Crítica Cineuropa

Hoxe en día utilízanse moito os termos “cinema importante” ou “cinema necesario” como forma de dar un valor extraoficial a películas que simplemente teñen unha temática relevante ou de actualidade. Son termos baleiros de significado: a arte non é valiosa por necesaria, é outra cousa. Dito isto, For Sama seica é unha excepción. Sería unha imprudencia e un exercicio de arrogancia valorar este filme só por motivos estritamente cinematográficos. Esta narración en primeira persoa do inferno de Alepo, ademais, non escatima en sabedoría fílmica á hora de tensar o espectador ata as bágoas saltando de bombardeo en bombardeo. Cinema duro, cinema difícil e, dalgún xeito, cinema de supervivencia, e por tanto puro. Moi impresionante.

Ficha técnica

Música: Nainita Desai
Fotografía: Waad Al-Khateab