Ano

2019

Nacionalidade

Arxentina

Duración

84 min.

Xénero

Drama, romance

Idioma

Castelán

NOV
21
Xoves, 20:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
23
Sábado, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: premio á mellor película competencia arxentina no BAFICI

Nela, dous homes encóntranse por casualidade en Barcelona e o que parece un encontro dunha noite entre estraños convértese nunha relación épica, que abrangue décadas e na que o tempo e o espazo se negan a xogar segundo as regras coñecidas. Trátase do relato dun romance fugaz entre dous homes que acaba establecendo as súas propias regras temporais, entre a realidade, o recordo e a imaxinación. Unha obra sublime que rompe fronteiras e estereotipos moito máis alá da natureza queer.

Crítica Cineuropa

O factor tempo é determinante nunha relación sentimental, e Fin de siglo colle ese elemento para retorcelo á vontade nesta historia dunha parella gai con atrevidos saltos temporais. O filme de Lucio Castro bascula entre certos convencionalismos e ideas fulgurantes que desestruturan a película e esfiañan a atmosfera para que todo teña a textura algo borrosa du soño. Iso no medio, porque o principio e o final deste filme compóñense (e isto non é tanto un spoiler como unha descrición da boa man do cineasta) de anacos impresionistas dunha cidade silenciosa.

Ficha artística

Juan Barberini, Ramon Pujol, Mia Maestro

Ficha técnica

Guión: Lucio Castro
Música: Robert Lombardo
Fotografía: Bernat Mestres