Ano

2019

Nacionalidade

Francia, Suíza

Duración

70 min.

Xénero

Documental

Idioma

Francés

NOV
19
Martes, 22:45
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
20
Mércores, 20:30
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Zabaltegi-Tabakalera do Festival de San Sebastián

O encontro entre a mítica actriz Delphine Seyrig e a videoartista Carole Roussopoulos trasládanos ao corazón do feminismo dos anos 70. Cámara en man, ambas as dúas implicaranse en loitas radicais con insolencia, intransixencia e moito humor.

Crítica Cineuropa

O documental de Callisto McNulty ilustra de forma extraordinaria a actividade cinematográfica da súa avoa, a cineasta Carole Roussopoulos, creadora do arquivo de cinema de dereitos das mulleres do Centre Simone de Beauvoir, e da mítica actriz Delphine Seyrig. O resultado triunfa da mellor das maneiras posibles porque abre un inmenso apetito polos filmes orixinais que fixeron estas dúas cineastas fabulosas, pioneiras de mil e unha cousas, combativas e lúcidas nuns tempos aínda non afeitos  a discursos feministas. Carole e Delhine, Delphine e Carole, rodéanse dun verdadeiro exército rutilante de estrelas prodixiosas, como Marguerite Duras ou Chantal Akerman, para disparar contra o machismo da sociedade francesa dos anos 70. Lecturas do manifesto SCUM de Valerie Solanas, gravación do encerro reivindicativo das prostitutas parisienses nunha igrexa, intervención por medio da montaxe dun infame discurso de políticos franceses…, a creatividade que mostra este filme é abraiante. Porta de entrada inmellorable a dúas cineastas imperdibles.

Ficha artística

Carole Roussopoulos, Delphine Seyrig

Ficha técnica

Guión: Callisto McNulty, Alexandra Roussopoulos, Geronimo Roussopoulos
Música: Manu Sauvage
Fotografía: Josiane Zardoya