Un século pasou dende que se alcanzou a máxima perfección estética no cine mudo, o que desembocou nunha ardua transición que daría cabida á palabra do cine sonoro. A música sempre foi o elemento que formou parte nesta dicotomía da sétima arte, achegando unha insubstituíble e potencial expresión ao desenvolvemento da acción.
Entrada de balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C no seu horario habitual, ou no despacho de billetes do Teatro Principal desde 1 h antes do inicio do concerto.