NOV
24
Mércores, 18:00
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

Cinema en curso’ é un programa de pedagoxía do cinema en escolas e institutos. Ten dous grandes obxectivos: propiciar o descubrimento por parte de nenas e nenos do cinema entendido como arte, creación e cultura; e desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica no contexto educativo.

Un dos principais eixos de Cinema en curso son os obradoiros, que se desenvolven con alumnado de entre 8 e 18 anos ao longo de todo un curso, dentro do horario lectivo e son impartidos conxuntamente por un equipo de docentes e un ou unha cineasta.

Nos obradoiros os alumnos ven cinema de autores moi diversos –como Chantal Akerman, Johan van der Keuken, David Perlov, Jonas Mekas, José Luis Guerin, Raymond Depardon e Agnès Varda– e desenvolven diversas prácticas que culminan coa realización dunha curtametraxe documental na que os mozos e mozas exploran a súa contorna cotiá.

Todos os procesos son colectivos: a documentación e o guión elabóranse entre todo o grupo; durante a rodaxe os cargos distribúense rotativamente de xeito que todo o alumnado desempeña cada unha das funcións (dirección, cámara, sonidista, script…); a montaxe faise alternando o traballo en grupo pequeno e gran grupo.

Cinema en curso é un proxecto internacional da asociación A Bao A Qu que en Galicia coordina desde o ano 2012 a Filmoteca de Galicia – AGADIC. O proxecto iniciouse en 2005 en Cataluña e actualmente tamén se desenvolve en Madrid, Euskadi, Valencia, Alemaña, Chile e México.

Os cineastas do equipo de Cinema en curso en Galicia son Xacio Baño, Jaione Camborda, Eloy Domínguez Serén, Marcos Flórez, Otto Roca e Ángel Santos.

Nesta edición de Cineuropa exhibirase unha escolma de filmes realizados no marco de Cinema en curso en escolas e institutos de Galicia durante os cursos 2019-2020 e 2020-2021.

A pesar de todo

Ano

2020

Nacionalidade

Galicia

Duración

14 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

A pesar de todo

Ficha técnica

Alumnos de 1º de Bacharelato (16-17 anos) do IES O Ribeiro (Ribadavia): Nerea Álvarez, Fayna Deaño, Paula García, Vanesa Pedreira, Aldara Vázquez, Clara Vázquez, Daniel Acosta, Antía Estévez, Teo Fernández, Iago Pereira, Anezka Piños, Lara Viéitez. Co acompañamento das docentes Maite Piñeiro, Nélida Lejarraga, Rita Abraldes, Chus Labarta e do cineasta Marcos Flórez.

O grupo de 1º de bacharelato artístico do IES O Ribeiro preparaban unha película sobre os oficios e as xentes de Ribadavia. En marzo de 2020 suspendéronse as clases. Seguiron encontrándose virtualmente filmando desde as súas casas. O 19 de xuño reencontráronse para rodar a súa película.

Ao encontro. Diario de impresións e estacións

Ano

2021

Nacionalidade

Galicia

Duración

19 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

Ao encontro. Diario de impresións e estacións

Ficha técnica

Alumnos de 6º de primaria (11-12 anos) do Ceip de Tenorio (Cerdedo-Cotobade): Alicia Alonso, Lucía Barreiro, Lara Bouzas, Uxía Crespo, Pablo Diz, Naia Fernández, Sabela Fontenla, Manuel Garrido, Adrián González, Víctor Martínez, Christian Martínez, Yéssica Naya, Nerea Orovero, Lucía Oubiña, Noa Outón, Carlos Pintos, Aitana Portela, Carla Vázquez. Co acompañamento dos mestres José Alberto Portela, Purificación Ruibal, Teresa Solla e do cineasta Ángel Santos.

Cunha cámara Bólex de 16 mm e unha gravadora de son, os alumnos de 6º de primaria do CEIP de Tenorio saen ao encontro da natureza e do cinema, inspirados por moitos cineastas: Jonas Mekas, Chantal Akerman, Franco Piavoli, James Benning. A modo de diario filman o bosque a finais do inverno, as ovellas e flores no prado en primavera e o mosteiro de San Pedro de Tenorio co seu último habitante, Don Jesús. Camiñando e filmando por Tenorio ata o solpor no monte Coirego. Xente, flores, cores… vida!

O Mosteirón. Voces do tempo

Ano

2021

Nacionalidade

Galicia

Duración

17 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

O Mosteirón. Voces do tempo

Ficha técnica

Alumnos de 4º de ESO (15-16 anos) do IES O Mosteirón (Sada): Alba Casas, Iria Delgado, Mateo Fernández, Alejandro García, Carolina García, Daniela García, Alejandro Martínez, Jimena Martínez, Kalúa Pan, Samoa Pan, Nerea Pampín, Diego Sánchez, Daniel Souto, Marta Toral, Alicia Vidal, Martín Villamisar. Co acompañamento das profesoras Natalia Veira e Marisé Vázquez e dos cineastas Marcos Flórez e Jaione Camborda.

Os alumnos de 4º de ESO recompoñen a memoria do instituto onde estudan e que se creou hai 50 anos para acoller as orfas do mar. A través das voces de internas, traballadoras da época e de fotografías antigas, lembramos a historia do actual IES O Mosteirón.

Os ollos do mar

Ano

2021

Nacionalidade

Galicia

Duración

9 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

Os ollos do mar

Ficha técnica

Alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria (9-12 anos) do CEIP de San Cosme de Barreiros (Barreiros): Abril Díaz, Tania Gutiérrez, Jennifer Leal, Felipe Martín, Gadea Quintana, Aarón Rodríguez, Fernando Seco, Zaira Veiga, Armando Ventoso. Co acompañamento da mestra Vanessa Bello e do cineasta Xacio Baño.

A través de paisaxes, retratos e conversacións con mariscadores e percebeiros, descubrimos a localidade costeira de Rinlo e, ao mesmo tempo, a dureza dun modo de vida, a nostalxia do pasado, o respecto cara ao mar e o amor polo oficio.

Rostros de vida

Ano

2021

Nacionalidade

Galicia

Duración

17 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

Rostros de vida

Ficha técnica

Alumnos de  6º de primaria (11-12 anos) do CEIP A Rúa (Cangas): Sarai Ballesteros, Leire Bermúdez, Ana Cancelas, Ana Cordeiro, Antía Dacosta, Dimitrije Doder, Carlos Fernández, Enol Fernández, Uxía González, Rida Khazouti, Iria Martínez, Anxélica Nunes, Xabi Núñez, Eire Pérez, Nadia Pérez, Xonxa Prieto, Alex Quinteiro, Yasmín Roboa, Brais Rodríguez, Manuel Silva, Lucas Siwei Rouco, Aitana Villar. Co acompañamento das mestras Verónica Paz, Rosana Rúa, May Iglesias, Montse Sotelo e do cineasta Eloy Domínguez.

Os avós e as avoas dos alumnos de 6º de primaria do CEIP A Rúa en Cangas comparten a través do cinema as súas vidas. O traballo desde mozos no campo, a sabiduría e autonomía do traballo da terra. E tamén a dureza do traballo no mar, a vida nun barco, o longo tempo lonxe da familia. Rostros de esforzo e da complicidade cos netos que os retratan.