Ano

1969

Nacionalidade

Suíza

Duración

94 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
14
Domingo, 21:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Carlos vivo ou morto, a primeira longametraxe de Alain Tanner e gran premio do Festival de Locarno en 1969, é unha película-manifesto que, xunto a outras como La lune avec les dents e Haschich de Michel Soutter, permitiu inscribir a Suíza no mapa do cinema mundial a fins dos anos ’60. Hoxe, a enerxía dese primeiro filme permanece intacta, magnificada pola estatura e presenza excepcionais de François Simon e a fotografía sublime de Renato Berta. Tanner atopou o argumento da súa película no que viu do maio ’68 en París como reporteiro da televisión suíza. Lonxe de impresionarse polas consignas ideolóxicas dos mozos manifestantes (o director tiña case 40 anos), Tanner quedou impresionado polas persoas maiores que marchaban ao seu carón. Así, o filme retrata a un ancián que decide deixar a súa cómoda vida burguesa para levar unha vida illada cunha parella de bohemios e así se reencontra coa súa liberdade de pensamento.

Como salienta Mireille Amiel en Cinéma 70: «Carlos vivo ou morto —que o autor mesmo insiste en definir como un ‹pequeno fresco histórico›—, é bastante representativo do que o cinema político mellor sabe facer nas nosas rexións desenvolvidas e occidentais». Podemos engadir este xuízo definitivo de Jean-Louis Bory en Le Nouvel Observateur: «É a película máis intelixente que inspirou o espírito de maio». Frédéric Bas.

Ficha artística

François Simon, Marcel Robert, Marie-Claire Dufour, André Schmidt, Maya Simon, Michèle Martel

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Renato Berta
Edición: Sylvia Bachmann
Produción: Alain Tanner e o Groupe Cinq