Ano

2020

Nacionalidade

España

Duración

11 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

NOV
19
Xoves, 16:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Dúas cidades, dúas historias de amor fugaz. As palabras traen de volta os pasados non esquecidos. Pero agora xa non semella o mesmo lugar.

Ángel Filgueira

Redondela 1992

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, estuda o Máster de Investigación en Prácticas Artísticas e Visuais en Cuenca no 2018-2019. No 2018 estrea a longametraxe documental Sevilla e Gomorra, proxectado no festival Cineuropa dese ano. Actualmente traballa na súa seguinte longametraxe Cando toco un animal, que participou no LAB do Festival Novos Cinemas de 2018 e no Imput do S8 - Mostra de Cinema periférico deste 2020.

Marta Valverde

Nigrán, 1994

Desenvolve o seu traballo no audiovisual e na fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e recentemente titulada pola UPV/ EHU no Máster en Arte Contemporánea Tecnolóxica e Performativo, é actualmente bolseira no Máster en Artes e Profesións Artísticas da escola Sur. Co-creadora do espazo Fuck this studio en Vigo, realiza pezas audiovisuais propias como Resiliencia (2016), O tempo suspendido (2017), ou Blanco e Fucsia (2020).
Ficha técnica

Edición: Àngel Filgueira, Marta Valverde