Ano

2019

Nacionalidade

España, Países Baixos

Duración

82 min.

Xénero

Animación

Idioma

Castelán

NOV
12
Martes, 21:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada

2019: premio á mellor banda sonora no Festival de Málaga

2019: mención do xurado e mellor banda sonora no Festival de Annecy

París, 1930. Salvador Dalí e Luis Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero este último ve como se lle pechan todas as portas despois da escandalosa estrea de La edad de oro, o seu primeiro filme. O seu bo amigo, o escultor Ramón Acín, compra un billete de lotería coa tola promesa de que, se gaña, pagará o documental que o seu amigo quere rodar sobre As Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España. Incriblemente, a sorte está do seu lado, o seu amigo gaña o premio e mantén a promesa. Unha fermosa historia de amizade, un episodio fascinante da historia do cinema e unha viaxe na que Luis se converte en Buñuel.

Crítica Cineuropa

Esta especie de longuísimo making of da mítica Las Hurdes (non só da rodaxe, senón da xénese do proxecto, entre casualidades, sorte e destino) fará as delicias dos lectores de Mi último suspiro (un dos mellores libros de memorias dun cineasta, se non o mellor) e de todo afeccionado ao cinema de Luis Buñuel. Non hai épica na rodaxe do “documental” e tampouco é unha haxiografía de Buñuel e a súa cuadrilla, senón que son presentados con toda a gama de grises do espectro. O tema da “veracidade” do xénero documental é roto de novo e o debate fica inservible ao lado dun monumento como Las Hurdes.

Ficha técnica

Guión: Eligio R. Montero, Salvador Simó Busom (Banda deseñada: Fermín Solís)
Música: Arturo Cardelús