Ano

2019

Nacionalidade

España, Chile, Francia, Alemaña

Duración

100 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

NOV
21
Xoves, 22:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
24
Domingo, 18:50
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: premio ao mellor director da sección Orizzonti na Mostra de Venecia

No preludio do século xx, Terra do Fogo é un territorio hostil e violento, onde chega Pedro para fotografar o casamento do poderoso latifundista Mr. Porter. A futura esposa, apenas unha nena, converterase na súa obsesión. Ao tratar de capturar a súa beleza, traizoará o poder que domina o territorio e será despoxado dos seus privilexios. Pedro non poderá escapar e acabará sendo partícipe dunha sociedade que convive co xenocidio dos nativos Selknam.

Crítica Cineuropa

O que comeza como unha vaporosa narración sobre o matrimonio forzado dun terratenente cunha nena de apenas 13 anos en Tierra del Fuego, muda pouco a pouco nun torrente de imaxes e conceptos abstractos. O protagonista, fotógrafo da aberrante unión, pasa de testemuña pasiva a personaxe activo mentres as paisaxes e os indíxenas que aínda poboan as terras (estamos no final do século XIX) outorgan ao filme unha sensación arcaica. Inmellorable debut de Théo Court, rodeado de vellos coñecidos do noso país, como o guionista e cineasta Samuel Delgado, que escribe o libreto, Jonay Armas, que pon a banda sonora, ou José Alayón, que como director de fotografía entrega un traballo extraordinario, brumoso e enfeitizado. Un filme para o recordo cun final para os anais.

Ficha artística

Alfredo Castro, Lars Rudolph, Lola Rubio, Esther Vega, Alejandro Goic

Ficha técnica

Guión: Théo Court, Samuel M. Delgado
Música: Jonay Armas
Fotógrafía: José Alayón