O Auditorio de Galicia acollerá un dos concertos máis agardados de cada tempada, no que a Real Filharmonía acompaña unha película de Cineuropa. Nesta edición será no centenario de Foolish Wives do director Erich von Stroheim coa estrea en Europa da restauración da película e da música composta por Timothy Brock, quen dirixe a orquestra nesta ocasión.
*Estrea en Europa da restauración desta película e da música
15 euros (desconto do 50 % para os colectivos habituais)
Entradas en compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C no seu horario habitual, ou no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde 1 h antes do inicio do concerto.