Ano

2019

Nacionalidade

España

Duración

77 min.

Xénero

Drama

Idioma

Galego

8,13

Nota do público
NOV
15
Venres, 22:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 20:15
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Las Nuevas Olas do Festival de Sevilla

A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, polo que se agocha na vila como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido cunha arma, perturbará de diferentes formas o día a día das mulleres, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.

Crítica Cineuropa

A primeira longametraxe de Jaione Camborda é un filme feito de presenzas, silencios e noites escuras. Unha pequena vila, poucos escenarios e varios personaxes femininos que se entrecruzan mesturando relacións, sucesos dun pasado case convertido en lenda infantil e conversas fracturadas. A mirada dunha nena vertebra un relato polo que pendura a sombra de cineastas que dinamitan o sentido da narración, como David Lynch, e no que os personaxes son tan enigmáticos que poden confundirse con pantasmas que transitan cinemas abandonados ou túneles soterrados. Cinema táctil rodado en Super 16 mm no que mergullarse cos ollos e cos oídos ben abertos. Unha nova vía para o novo cinema galego ou para o cinema galego en xeral.

Ficha artística

Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera

Ficha técnica

Guión: Jaione Camborda
Fotografía: Alberte Branco