Ano

2019

Nacionalidade

Chile, Arxentina, Brasil

Duración

120 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

NOV
17
Domingo, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
18
Luns, 19:45
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián

Andrés Wood volve aproximarse ao golpe de Estado chileno, esta vez centrándose no grupo nacionalista de extrema dereita Patria e Liberdade, que tenta derrocar o goberno de Allende. Durante a actividade que o grupo realizaba contra o goberno, tres dos seus integrantes, Inés, o seu home Justo e o mellor amigo de ambos, Gerardo, levan a cabo un crime político que muda o curso da historia. Enredados ao mesmo tempo nun perigoso triángulo amoroso, a sombra da traizón acabará por separalos. Corenta anos despois, a vinganza e a obsesión farán que Gerardo reactive a causa nacionalista da xuventude e poña en perigo a situación de prestixio dos seus antigos amigos.

Crítica Cineuropa

Andrés Wood utiliza ao funesto grupo paramilitar chileno “Patria e liberdade” para conformar un thriller histórico canónico que camiña entre o presente do país e os días anteriores ao derrocamento de Salvador Allende. Un dos violentos protagonistas dese tempo de infamia convértese nos nosos días nunha especie de Hannibal Lecter agochado nun hospital psiquiátrico, como un ser antediluviano xurdido dun buraco negro, doutro tempo máis escuro. Pero o aterrador do filme non é este personaxe, senón comprobar como as patas da araña fascista que permitiu o alzamento de Pinochet aínda se moven no Chile de hoxe en día para axudar a un dos “heroes” da extrema dereita. Todo atado e ben atado.

Ficha artística

Mercedes Morán, Marcelo Alonso, María Valverde, Felipe Armas, Pedro Fontaine, Caio Blat, Gabriel Urzúa

Ficha técnica

Guión: Guillermo Calderón, Andrés Wood
Música: Antonio Pinto
Fotografía: Miguel Littin-Menz