Ano

2020

Nacionalidade

Brasil

Duración

110 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Portugués, español

7,4

Nota do público
NOV
15
Luns, 20:15
Multicines Compostela
Mercar entrada

Stela é unha actriz brasileira que decide facer un traballo sobre a correspondencia intercambiada entre artistas plásticas latinoamericanas nos anos 1970 e 1980. Este proxecto lévaa a viaxar a Cuba, México, Arxentina e Chile na procura de traballos e declaracións sobre a realidade que estas mulleres viviron durante as ditaduras que a maior parte deses países afrontaron na época. En medio da investigación, Stela descobre a existencia de Ana, unha moza brasileira que formou parte dese mundo, mais desapareceu. En 1968, Ana foi do sur do Brasil, dunha pequena cidade do interior, cara á efervescente Bos Aires, que vivía un momento de mudanza nas artes plásticas e no contexto histórico. Obsesionada pola personaxe, Stela decide saír a buscala e descubrir o que lle aconteceu.

Ficha artística

Stella Rabello, Felipe Rocha, Renato Linhares, Mirta Busnelli, Lucas Canavarro, Roberta Estrela D’Alva

Ficha técnica

Guión: Lucia Murat, Tatiana Salem Levy
Fotografía: Léo Bittencourt
Edición: Mair Tavares, Marih Oliveira
Produción: Lucia Murat, Felicitas Raffo