Ano

2021

Nacionalidade

Italia, Francia

Duración

121 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Italiano

7,29

Nota do público
NOV
19
Venres, 20:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
20
Sábado, 18:00
Salón Teatro
Mercar entrada

2021: Mellor película internacional no Festival de Zurich

A familia Guerrasio e os seus amigos reúnense para celebrar o dezaoito aniversario da filla maior de Claudio e Carmela. Existe unha sa rivalidade entre a rapariga e a súa irmá Chiara, de 16 anos, mentres compiten na pista de baile. É unha ocasión feliz e a familia está unida e en plena forma. Pero todo cambia ao día seguinte cando Claudio desaparece. Chiara comeza a investigar: a medida que se achega á verdade vese obrigada a decidir que tipo de futuro quere para ela.

Jonas Capignano

Estados Unidos

Pasou a súa infancia entre Roma e Nova York. A súa ópera prima, Mediterranea (2015) estreouse na Semana da Crítica de Cannes e puidemos vela en Cineuropa. A Ciambra (2017) tivo a súa estrea mundial na Quincena de Realizadores de Cannes, onde gañou o premio Europa Cinemas Label. Vive e traballa en Italia.
Ficha artística

Carmela Fumo, Claudio Rotolo, Swamy Rotolo, Rosa Caccamo, Grecia Rotolo, Salvatore Rotolo, Vincenzo Rotolo, Silvana Palumbo

Ficha técnica

Guión: Jonas Capignano
Fotografía: Tim Curtin
Edición: Affonso Gonçalves
Produción: Stayblack, Haut et Court, RAI Cinema, Arte, Eurimages