Ano

2019

Nacionalidade

Xapón

Duración

111 min.

Xénero

Drama

Idioma

Xaponés

5,98

Nota do público
NOV
11
Luns, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 17:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada
2019: sección oficial de longametraxes a concurso do Festival de Cinema de Locarno

Ichiko traballa como enfermeira privada para unha familia da que xa case forma parte. Aínda que se encarga do coidado da avoa, tamén fai de confidente da súa neta Motoko. Pero un día, a neta máis nova desaparece. Os medios de comunicación pronto revelan que o secuestrador é o sobriño de Ichiko e o seu mundo comeza a vacilar perigosamente.

Crítica Cineuropa

O filme de Koji Fukada demórase antes de asentar o seu foco. Isto sérvelle ao espectador para coñecer os personaxes sen saber exactamente cal vai ser o principal, cal o secundario ou que acontecemento vai poñer en marcha toda a trama. A sensación é inquietante: non podemos controlar a nosa contorna, e calquera cousa, en calquera momento, pode converter a nosa vida nunha parodia sen graza, como lle ocorre á protagonista. Tampouco estamos ante unha baixada aos infernos: non fai falta tanto para estragar a alguén. Basta un chisco de falta de empatía. Basta con que a sociedade xire a face cara a outro lado.

Ficha artística

Mariko Tsutsui, Mikako Ichikawa, Sosuke Ikematsu, Hisako Ookata, Mitsuru Fukikoshi, Miyu Ogawa

Ficha técnica

Guión: Kôji Fukada
Música: Hiroyuki Onogawa
Fotografía: Kenichi Negishi