Ano
2018
2018
Líbano, Iraq, Francia
100 min.
Drama
Árabe
2018: sección oficial de longametraxes a concurso do Festival de Cinema de Locarno
2018: sección oficial de longametraxes a concurso do Festival de Mar del Plata
2018: sección oficial de longametraxes a concurso do Festival de Xixón
Yara vive coa súa avoa Mary nun val do norte do Líbano, unha zona con escasa poboación. A súa monótona vida muda cando coñece a Elías, un mozo excursionista que pasa pola granxa na que viven as dúas mulleres, con quen experimentará as alegrías e as penas do primeiro amor.
Os grandes cineastas móstranse cando tanto ten se o seu obxectivo é un país enteiro ou unha parella de namorados, mentres as sensacións convocadas sexan verdadeiras. Dende a monumental Homeland: Irak year zero, onde fai unha fotografía en movemento da súa familia nos tempos que seguiron ao derrocamento de Sadam Hussein, nótase a necesidade de Abbas Fahdel de buscar imaxes que transmitan emocións puras. Na fermosísima Yara, tanto dá a preparación previa, a mestura de documental ou ficción ou a elección de intérpretes con actores non profesionais; o que importa é a figura serea da avoa da protagonista, a beleza infinita do val libanés, os xestos onde nace o amor, a presenza do pasado nos obxectos familiares, a incerteza do futuro no ceo azul.