Ano
2018
2018
Estados Unidos
95 min.
Documental
Inglés
Libre ata completar a capacidade da sala
Pauline Kael foi probablemente a crítica de cine máis poderosa e decisiva do século xx. O seu amor polo cine revelouse na súa desapiadada procura daquilo que fai que un filme ou o rendemento dun actor ou actriz funcionen (ou non) e o porqué, o que a fixo ser admirada e desprezada polos seus lectores.
O desfile descomunal de primeiras espadas do cinema que renden homenaxe a Pauline Kael (neste documental aparecen Quentin Tarantino. Peter Bogdanovich, Paul Schrader e Norman Mailer, entre moitos outros) dá conta da importancia da voz desta muller indomable. Dende as páxinas do New Yorker elevaba ou afundía os filmes, sen atrancos de ningún tipo, e sempre cunha visión persoal e moi clara. Este brioso documental é un inmellorable punto de partida para o ciclo dedicado a diversos filmes que inspiraron varias das súas mellores e máis exuberantes liñas.