Ano

2018

Nacionalidade

España

Duración

80 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
17
Domingo, 18:00
Museo das Peregrinacións
Entrada libre

2018: candidatura ao mellor documental nos Premios Gaudí

2018: sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín

Alba ten 12 anos e desexa descubrir o descoñecido, misterioso e fascinante da morte. Xunto ao seu mellor amigo, Samuel, entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse no interior das montañas que esconden outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte. Un relato entre o documental e a ficción que transcorre nunha aldea de Galicia onde “a vida non se acaba, senón que se transforma noutra cousa”. O filme acompaña os habitantes dunha aldea na serra do Courel (Lugo) nas súas rutinas diarias. O espectador introdúcese nun mundo con fronteiras vagas entre a realidade e a ficción, entre o mundo dos vivos e o dos mortos, e a cámara acompáñao na súa exploración do “outro lado”.

Ficha técnica

Música: Sergio Moure de Oteyza
Fotografía: Lara Vilanova