Ano

2019

Nacionalidade

Australia

Duración

103 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Inglés

6,89

Nota do público
NOV
11
Luns, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
19
Martes, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada

Lauren e Ned están prometidos e moi namorados. Para que a voda saia á perfección, e co fin de que os pais poidan asistir ao feliz desenlace, a parella debe encontrar a nai de Lauren, desaparecida sen deixar rastro nalgún remoto lugar do norte de Australia.

Crítica Cineuropa

Esta comedia romántica comeza como tantas outras: cunha voda estragada. Pero rapidamente, o outback australiano impón a súa personalidade e o filme colle o seu ton entre cantos tribais aborixes, cancións de Kylie Minogue e, por suposto, unha versión de Down under, dos Men at work. O contacto da protagonista coa terra dos seus antepasados mentres anda á procura da súa nai, fuxida dun matrimonio fracasado, vincúlaa coas cousas verdadeiramente importantes. A delicadeza do realizador para tratar os choques culturais afasta esta comedia doutros disparates australianos. Falando en prata: estamos moi lonxe de Crocodilo Dundee.

Ficha artística

Miranda Tapsell, Gwilym Lee, Kerry Fox, Huw Higginson, Ursula Yovich, Shari Sebbens, Travis Jeffery, Elaine Crombie, Matt Crook, Atmiya Patel, Taylor Wiese, Dalara Williams

Ficha técnica

Guión: Miranda Tapsell, Joshua Tyler
Música: Antony Partos
Fotografía: Murray Lui