Ano

1979

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

94 min.

Xénero

Acción

Idioma

Inglés

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
14
Xoves, 20:00
Museo das Peregrinacións
Entrada libre
NOV
20
Mércores, 22:15
Multicines Compostela
Entrada libre

Unha batalla de dimensións xigantescas vai ter lugar nos baixos fondos da cidade de Nova York. Os exércitos da noite, con máis de 100.000 integrantes, quintuplican os efectivos da policía. Enfróntanse aos Warriors, unha banda da rúa que está acusada inxustamente do asasinato do líder dun grupo rival. É a historia dun mundo insólito de subculturas, de guerrillas entre bandas nocturnas, dende Coney Island a Manhattan, pasando polo Bronx. Os membros dos Warriors loitan polas súas vidas, intentan sobrevivir na xungla urbana e aprenden o significado da lealdade.

Crítica

“Rock visual que estoura con enerxía. (…) Hai unha sorte de resplandor que florece durante toda a noite neste filme barroco”.

Pauline Kael

Ficha artística

Michael Beck, David Harris, James Remar, Deborah Van Valkenburgh, Thomas G. Waites, Dorsey Wright, Brian Tyler, David Patrick Kelly, Joel Weiss

Ficha técnica

Guión: David Shaber, Walter Hill
Música: Barry De Vorzon
Fotografía: Andrew Laszlo