Ano
2019
2019
Estados Unidos
110 min.
Drama, comedia
Inglés
Don, un mozo destro na creación de todo tipo de artefactos, é contratado polos Arista, unha podente familia mexicana-americana. A fonte das riquezas desta familia, na que encontra dúas fillas descontroladas e decadentes, é unha incógnita para el, mais axiña descobre a existencia dunha tensión considerable entre as persoas para quen traballa e os habitantes pobres da vila de Winfield onde residen. Semella que o foco do conflito se encontra no pozo que o propio Don debe custodiar todas as noites.
De un tempo a esta parte é practicamente imposible falar de política americana se non é a través da sátira, a chanza e as metáforas escatolóxicas. A parella de directores de The wall of México escollen a alegoría neste conto de mexicanos ricachóns que constrúen un muro para que os pobres non se acheguen e lles rouben a auga dun pozo. E o certo é que non é doado facer humor de elementos tan extremos como a política de Trump, un chiste de mal gusto en si mesma. Para animar a mascarada, o espectador pode recrearse no reencontro de actores longamente afastados das pantallas comerciais tan míticos como Esai Morales ou Mariel Hemingway, corenta anos despois de protagonizar Manhattan de Woody Allen.