Ano

2019

Nacionalidade

Corea do Sur

Duración

107 min.

Xénero

Drama, acción, suspense

Idioma

Coreano

7,09

Nota do público
NOV
8
Venres, 22:15
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
10
Domingo, 22:00
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: proxección Midnight Screenings no Festival de Cannes

2019: premio do público ao mellor filme (sección Focus Àsia) no Festival de Sitges

Un xefe da mafia e un oficial de policía responsable dun sanguinario comando terán que deixar a un lado as súas diferenzas para unirse na persecución dun asasino de nome K.

Crítica Cineuropa

Thriller coreano esmagador, cheo de ruído, diversión e forza visual e narrativa. Cos tres personaxes arquetípicos do título ben definidos (sobre todo pola parte que lle toca a Ma Dong-seok, protagonista de Train to Busan), o filme presenta unha situación levemente similar a M, o vampiro de Dusseldorf, no tocante a que aquí tamén policía e gánsteres andan á procura dun mesmo obxectivo: un sanguinario asasino. Sen chegar aos logros de Bong Joon-ho con Memories of murder, que a día de hoxe segue a ser inalcanzable, o filme é puro mainstream coreano de primeira calidade.

Ficha artística

Ma Dong-seok, Kim Mu-yeol, Kim Sung-kyun

Ficha técnica

Guión: Lee Won-tae