Ano

2018

Nacionalidade

Chile, Brasil, Arxentina

Duración

110 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán

5,63

Nota do público
NOV
11
Luns, 22:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 21:00
Multicines Compostela
Mercar entrada

2018: premio á mellor dirección no Festival de Cinema de Locarno

2018: premio á mellor dirección (ex aequo) e á mellor fotografía no Festival de Xixón

A democracia volve a Chile no verán de 1990. Nunha comunidade illada, Sofía, Clara e Lucas enfróntanse aos primeiros amores e medos, mentres se preparan para a festa de Aninovo. Pode que vivan lonxe dos perigos da cidade, pero non dos da natureza.

Crítica Cineuropa

Chile deixa por fin atrás a ditadura asasina de Pinochet e a realizadora Dominga Sotomayor utiliza unhas vacacións familiares como metafórico espazo de transición. Aquí non é importante a narrativa de feitos concretos e puntos de xiro que fagan avanzar a acción, como esixen os manuais de guión. En Tarde para morir joven importan máis os xestos pequenos, as conversas a medio rematar, as olladas das protagonistas de diversas idades ao mundo cambiante que as rodea, a descuberta doutra realidade. Un verán illados nunha especie de comuna na que unha serie de personaxes practican como mellorar o mundo entre cigarros, paseos en moto, celebración e agarradas por razóns descoñecidas, capturadas con pulso cinematográfico pola realizadora.

Ficha artística

Demian Hernández, Antar Machado, Matías Oviedo, Antonia Zegers, Eyal Meyer, Magdalena Tótoro, Alejandro Goic, Andrés Aliaga, Gabriel Cañas

Ficha técnica

Guión: Dominga Sotomayor
Fotografía: Inti Briones