Ano

2018

Nacionalidade

Francia

Duración

98 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

5,60

Nota do público
NOV
11
Luns, 16:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
14
Xoves, 21:00
Salón Teatro
Mercar entrada

Sophia Antipolis é un parque tecnolóxico na Riviera francesa, un lugar onde os soños deberían facerse realidade, pero o medo e a desesperación asexan embaixo da superficie. Baixo un sol enganoso, cinco vidas trazan a desacougante historia dunha muller nova: Sophia.

Crítica Cineuropa

Hai na segunda longametraxe de Virgil Vernier unha atracción, entre a fascinación e o arrepío, por edificios e construcións urbanas e industriais, xa presente na súa anterior e igualmente enigmática Mercuriales, e que lembra ao traballo da artista Valerie Jouve, que contrapón corpos estilizados de mozos con edificios e complexos habitacionais baleiros. O cineasta mostra anacos desleixados de vidas solitarias en superficies planas que fan imposible as raíces, as comunicacións cotiás, os xestos que no sexan un simulacro: un presente de desconexión persoal (e tamén narrativa: o espectador vai dando bandazos ao logo do filme), viveiro de seitas e de feitos violentos inexplicables. Sophia Antipolis está rodada en 16 mm e a imaxe semella ter algo de arcaico e mitolóxico, como o propio título suxire, pero nunca seremos quen de acadar o misterio, só murmurios dunha voz que pronuncia ideas apocalípticas ao amencer.

Ficha artística

Virginie Efira, Adèle Exarchopoulos, Gaspard Ulliel

Ficha técnica

Guión: Virgil Vernier, Mariette Désert
Fotografía: Simon Rocca, Tom Harari