Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

100 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

6’60

Nota do público
NOV
13
Mércores, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 22:15
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: Sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Cannes

Sibyl é unha psicoterapeuta que decide deixar todos os seus doentes para retomar unha das súas grandes paixóns: a escritura. De xeito inesperado aparece Margot na súa consulta, unha prometedora actriz sumida nun gran conflito persoal e que Sibyl usará como fonte de inspiración para escribir a súa propia historia. Abraiada con ela e cos seus problemas, o presente de Margot fará revivir antigos recordos en Sibyl que a poñerán cara a cara co seu pasado.

Crítica Cineuropa

Justine Triet converteuse con rapidez nunha das cineastas a seguir do novo cinema francés logo de La bataille de Solférino, onde mesturaba con éxito unha urxencia case documental no retrato dun Paris convulso polas eleccións cunha crise de parella (de ficción). Con Sibyl, a cineasta revélase como unha perfecta realizadora mutante que adapta o seu ollar a calquera tipo de proxecto. Aquí é un drama de cámara entre dúas actrices fantásticas e con máis capas e curvas de guión ca unha serpe.

Ficha artística

Virginie Efira, Adèle Exarchopoulos, Gaspard Ulliel

Ficha técnica

Guión: Justine Triet, Arthur Harari
Fotografía: Simon Beaufils