Ano

2019

Nacionalidade

España

Duración

89 min.

Xénero

Documental

Idioma

Castelán

NOV
12
Martes, 17:45
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 19:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

No ano 1963, baixo a ditadura franquista, dous estudantes suecos viaxan a España para facerse eco dos movementos existentes a favor da democracia, onde entran en contacto con Chicho Sánchez Ferlosio, un mozo trobador universitario. De regreso a Estocolmo, editan o disco Canciones de la Resistencia española coas súas cancións, aínda que ocultan baixo o anonimato o nome do cantante e compositor. O disco converteuse nun éxito inmediato en Escandinavia.

Crítica Cineuropa

O escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas volta a cruzarse no camiño de David Trueba: despois de contar o seu non-fusilamento en Soldados de Salamina, agora este documental céntrase na figura do seu fillo, o compositor e cantante Chicho Sánchez Ferlosio. Si me borrara el viento lo que yo canto é un dos cortes do lendario e prohibido álbum Canciones de la resistencia española, e da súa tortuosa xestación faise eco este filme fluído e que conta con testemuñas directas do seu entorno. O máis oculto dos nosos trovadores, que describía o seu cancioeiro como “cantares de cego” está a ser obxecto dunha recuperación do que este documental, que naceu dun crowdfunding, é un exemplo perfecto e pertinente.

Ficha técnica

Guión: Joan F.Losilla, David Trueba
Fotografía: Julio César Tortuero, Noemí de la Peña