Ano

2019

Nacionalidade

Alemaña

Duración

90 min.

Xénero

Documental

Idioma

Alemán, inglés, italiano

7,49

Nota do público
NOV
17
Domingo, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
23
Sábado, 19:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín

Eva pensou na privacidade como algo anticuado dende os 14 anos. Aos 17 deixou o seu fogar nunha pequena vila italiana e os problemas con seus pais e marchou na procura da liberdade. Vive en Berlín, e para as persoas que a seguen en Tumblr e Instagram, a súa vida pouco convencional e as fotos e textos que publica sobre ela son como un filme inspirador. Vive toda a súa vida en público e na rede, constantemente comentada polas persoas que a seguen.

Crítica Cineuropa

O día a día dunha das influencers máis interesantes, transgresoras e punk da actualidade, de ideoloxía queer, a vida desta italiana que reside en Berlin, é contada nunha especie de documental performativo para achegarse ao que ela mesma fai nas redes acotío para os seus followers. O resultado está cheo de caos e vitalidade, nunha boa mostra de axustar o fondo do personaxe á forma da imaxe para que se complementen e retroalimenten. Pia Hellenthal, a directora, explica de xeito claro e poderoso quen é esta Eva do título a través de pequenos statements escritos na pantalla ou nomeados en off por ela mesma. Magnetismo puro antipatriarcal.

Ficha técnica

Guión: Pia Hellenthal, Giorgia Malatrasi
Música: Falk Möller, Marcus Zilz
Fotografía: Janis Mazuch