Ano

2019

Nacionalidade

Suecia, Escocia

Duración

90 min.

Xénero

Documental, drama

Idioma

Inglés

7,67

Nota do público
NOV
19
Martes, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
20
Mércores, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada

A medida que a súa adolescencia lle abre camiño ás obrigas inherentes á maternidade, a moza Gemma madura na súa vila natal en Escocia, aínda moi dependente da industria da siderurxia. Por desgraza para ela, o seu xeito hedonista de entender o mundo non encaixa coa filosofía do resto da veciñanza, polo que os problemas non tardan en xurdir.

Crítica Cineuropa

A fotoxenia de todas e cada un das persoas, novas e vellas, que saen neste filme é tan rechamante, que un tarda un tempo en decatarse de que está ante un documental e non ante unha ficción máis. Scheme birds é Ken Loach sen Paul Laverty, ou sexa, sen pedagoxía nin happy ends. Isto non quere dicir que o filme sexa desesperanzado, e a heroína do filme fai a sua vida na súa vila escocesa mentres os seus amigos caen na violencia o na falta absoluta de saídas nunha sociedade empobrecida, alleada e sen conciencia de clase. A clave está na xuventude, na amizade, que non se fai moitas preguntas e dedica os seus esforzos á supervivencia.

Ficha técnica

Guión: Ellen Fiske, Ellinor Hallin
Música: Charlie Jefferson
Fotografía: Ellinor Hallin