Ano

2019

Nacionalidade

Reino Unido

Duración

78 min.

Xénero

Documental, comedia romántica

Idioma

Inglés

6,64

Nota do público
NOV
10
Domingo, 18:45
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
16
Sábado, 20:45
Salón Teatro
Mercar entrada

A música e guionista Elizabeth Sankey investiga o pasado, o presente e o futuro das comedias románticas coa axuda dun amplo abano de xente do mundo do cine.

Crítica Cineuropa

Un filme que non pode obviarse nesta edición de Cineuropa é este documental feito enteiramente con imaxes de arquicoñecidos filmes hollywoodenses, concretamente os que pertencen a ese xénero tan ríxido, divertido e normativo chamado “comedia romántica”, o imperio de Hugh Grant, Richard Gere e tamén Julia Roberts ou Meg Ryan. A montaxe de pequenos anacos dunha chea de filmes deste estilo deixa completamente espida a estrutura deste tipo de cinema, profundamente conservadora e monótona. Pero non estamos ante unha película que pretende acabar coas comedias románticas; pola contra, a tamén música Elizabeth Sarkley monta un estupendo filme didáctico que non rouba nin un pouco dos méritos evidentes destas producións, un punto medio entre a crítica ácida e a homenaxe aos mellores títulos do xénero.

Ficha artística

Elizabeth Sankey, Jessica Barden, Cameron Cook, Anne T Donahue, Simran Hans, Brodie Lancaster, Charlie Lyne, Eleanor McDowall, Laura Snapes

Ficha técnica

Guión: Elizabeth Sankey
Música: Jeremy Warmsley