Ano

2019

Nacionalidade

Reino Unido

Duración

93 min.

Xénero

Drama

Idioma

Inglés

6,95

Nota do público
NOV
8
Venres, 20:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
12
Martes, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: Sección oficial no Festival de Cine de San Sebastián

Rocks é unha adolescente con grandes soños de futuro, amigas leais e divertidas e un irmán pequeno algo traste que a adora, Emmanuel. A Rocks gústalle o instituto, e vive unha vida plena no East London coas súas amigas. Pero un día, o mundo de Rocks derrúbase cando ao chegar do instituto se decata de que súa nai marchou da casa, deixando algo de diñeiro e unha nota cunha única explicación: “síntoo”.

Crítica Cineuropa

A historia é coñecida: barriada marxinal de gran cidade (Londres), unha protagonista abandonada á sorte dos servizos sociais e un feixe de amigas que serven como apoio. Por iso é tan importante a achega da directora, que decide como contar outra vez este conto, e case todas as decisión que toma Sarah Gavron son correctas: no casting multirracial, na utilización da música, das imaxes de dispositivos móbiles… todo suma para que a transmisión de emocións dende a pantalla ao espectador sexa a correcta e non se perda nada polo camiño.

Ficha artística

Bukky Bakray, Kosar Ali, D’angelou Osei Kissiedu, Shaneigha-Monik Greyson, Ruby Stokes, Tawheda Begum, Afi Okaidja, Anastasia Dymitrow, Sarah Niles, Layo-Christina Akinlude, Sharon D. Clarke

Ficha técnica

Guión: Theresa Ikoko, Claire Wilson
Fotografía: Hélène Louvart
Música: Emilie Levienaise-Farrouch