Ano
2019
2019
Canadá
96 min.
Fantástico, drama
Francés
Simon Dubé falece nun accidente de tráfico que ten lugar nunha pequena e afastada aldea do Quebec, de tan só 215 persoas. Abraiada, a poboación local procura non falar sobre as circunstancias da traxedia. O suceso tronza a familia Dubé e aféctalle psicoloxicamente ao alcade Smallwood, xunto a outro grupo de habitantes que non saben como superar o suceso. Mentres tratan de dixerir a desgraza, unha serie de persoas descoñecidas comezan a chegar á aldea, e ao pouco instálase unha espesa néboa. Quen son? Que está a acontecer?
Outro relato zombi na sección oficial do festival, ou, máis ben, de revenants: os mortos dunha minúscula vila canadense no medio da neve, volven do outro lado e limítanse a “estar”. A impasibilidade destes novos habitantes dunha localidade en proceso de desaparición (a xente busca un futuro no veciño Québec) contrasta coa inestabilidade da cámara, presa dun leve tremor ata en planos de personaxes sentados fronte a unha mesa. O interesantísimo cineasta independente Denis Côté entrega un filme misterioso e inexpugnable e, ao mesmo tempo, tan aberto, que cabe calquera lectura que se lle queira dar.