Ano

2019

Nacionalidade

España

Duración

107 min.

Xénero

Suspense

Idioma

Castelán

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
26
Martes, 20:15
Salón Teatro
Entrada libre

Nunha vila costeira galega vive Mario, un home exemplar que traballa nunha residencia de anciáns onde toda a xente o aprecia. Cando o narcotraficante máis coñecido da zona, Antonio Padín, ingresa na residencia tras saír do cárcere, Mario trata de que se sinta como na casa. Os dous fillos de Padín, Kike e Toño, están agora ao mando do negocio familiar, pero un fallo nunha operación levará a Kike á prisión e xeraralles unha gran débeda cun provedor colombiano. Toño recorrerá ao enfermeiro para que intente convencer o seu pai de que asuma a débeda, pero el ten plans propios.

Ficha artística

Luís Tosar, Xoán Cejudo, Enric Auquer, Ismael Martínez, María Vázquez, Dani Currás, Pablo Guisa Koestinger, Marcos Javier Fernández Eimil, María Luisa Mayol, Victor Duplá, Alberto Abuín

Ficha técnica

Guión: Juan Galiñares, Jorge Guerricaechevarría
Música: Maika Makovski
Fotografía: Pablo Rosso