Ano

2019

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

86 min.

Xénero

Drama, romance

Idioma

Inglés

7’05

Nota do público
NOV
8
Venres, 22:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
15
Venres, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Antes de marchar para a universidade, Ayanna, de 17 anos, coñece o atractivo e misterioso Isaiah durante o verán. O seu mundo enteiro dá unha reviravolta mentres camiña cara ao terreo da descuberta e cara ao amor.

Crítica Cineuropa

Que terán as relacións románticas que directores de todo o mundo caen unha e outra vez en contar a mesma historia case punto por punto, con mínimas variacións? Por que nós, como espectadores, estamos sempre dispostos a que nos conten esa historia de moza coñece mozo (e as súas infinitas variacións) unha e outra vez? Quizais unha resposta a teña este suave filme de Rasheed Ernesto Green, coguionizado pola protagonista, que, unha vez adiviñada a trama desde o comezo, nos leva por lugares xa transitados, por iso mesmo gozables con placidez, libres para centrarnos nos detalles, na sensualidade, na descrición de Harlem no verán, dos leves acenos do amor…

Ficha artística

Meeya Davis, Imani Lewis, Tashiana Washington, Carter Redwood, Zora Howard, Ozzie Stewart, Joshua Boone, Michelle Wilson, W. Tré Davis, Ade Otukoya

Ficha técnica

Guión: Rashaad Ernesto Green, Zora Howard
Música: Stefan Swanson
Fotografía: Laura Valladao