Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

102 min.

Xénero

Romance, comedia

Idioma

Francés

6,92

Nota do público
NOV
13
Mércores, 16:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
18
Luns, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada

Dúas persoas solitarias atópanse e comezan unha relación nun lugar do rural francés.

Crítica Cineuropa

A imperial Fanny Ardant alumea esta comedia excéntrica onde nudistas revolucionarios rouban roupa e as familias non son disfuncionais senón máis ben esquizofrénicas, en concordancia coas bufonescas manobras militares que se desenvolven na localidade do filme. Milagrosamente, a paz reina máis ou menos nesta celebración do surrealismo e cadaquén ocúpase dos seus asuntos por estraños que sexan. Erwan le Duc confía no poder da imaxe para mostrar antes de recargar todo con diálogos, aínda que haxa xendarmes poetas e se cite a Novalis de cando en vez. Así, o papel de Fanny Ardant como locutora dunha emisora de radio que posiblemente non emite para ninguén, convértese nunha metáfora do propio filme. Ah!, tamén hai un romance, pero non é tan importante. Ou ao mellor si.

Ficha artística

Fanny Ardant, Nicolas Maury, Swann Arlaud, Maud Wyler, Alexandre Steiger, Patience Munchenbach

Ficha técnica

Guión: Erwan Le Duc
Fotografía: Alexis Kavyrchine
Música: Julie Roué