Ano
2019
2019
Alxeria, Francia, Bélgica
106 min.
Drama
Árabe, francés
Alxeria, 1997. Nedjma é unha estudante universitaria que intenta que os acontecementos da guerra civil non lle impidan levar unha vida normal, saír de noite coa súa mellor amiga Wassila e vender vestidos feitos por ela nos baños das discotecas. Mentres a sociedade se volve cada vez máis conservadora, ela decide loitar pola súa liberdade e independencia organizando coas súas amigas un desfile de moda na Universidade que desafía todas as normas establecidas.
Comedia luminosa que se desenvolve en Alxeria e que se vai escurecendo ata chegar ao negro, de xeito coherente coa realidade da liberdade das mulleres na sociedade islámica alxeriana. O filme da realizadora Mounia Meddour é todo un exemplo de sororidade que utiliza a moda como metáfora do mundo: a vestimenta como arma de guerra e un desfile como batalla. Todas as polémicas se verbalizan en diálogos hábiles e directos grazas a un reparto de rostros descoñecidos pero que ofrecen en conxunto unhas interpretacións moito máis que solventes.