Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

89 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Francés

6,31

Nota do público
NOV
14
Xoves, 17:45
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
17
Domingo, 18:45
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Piazza Grande do Festival de Cinema de Locarno

Maud é arquitecta e nai. Debido a un malentendido, gaña unha competición para reacondicionar unha zona concreta de Notre Dame. Dividida entre as súas responsabilidades laborais e sentimentais, comeza a atravesar un remuíño emocional.

Crítica Cineuropa

Válerie Donzelli representa neste filme, na súa dobre face de cineasta e actriz protagonista, un tipo de comedia francesa algo tronada e sofisticada, nun equilibrio que semella imposible para calquera outra cinematografía aínda que os imitadores saian como setas por todas partes. Estamos nun terreo moi afastado do seu logro anterior, o drama luminoso Declaración de guerra, onde contaba de forma autobiográfica a súa loita contra a enfermidade do seu fillo. Os problemas neste caso son máis mundanos e pasan por antigas parellas, proxectos arquitectónicos imposibles e unha comicidade ao límite do tolerable pero que cae de pé despois de camiñar en bastantes tramos pola corda frouxa. Unha radiografía do día a día dunha clase media sen capacidade de reacción para o mundo cada vez máis absurdo que estamos a construír entre todos.

Ficha artística

Valérie Donzelli, Pierre Deladonchamps, Thomas Scimeca, Bouli Lanners, Virginie Ledoyen, Isabelle Candelier, Philippe Katerine

Ficha técnica

Guión: Benjamin Charbit, Valérie Donzelli
Música: Philippe Jakko
Fotografía: Lazare Pedron