Ano
2018
2018
Taiwán
76 min.
Documental
Chino min nan
Tsai Ming-Liang emprega o mesmo plano para presentar doce facianas. A súa intención é afondar na individualidade de cada persoa e relatar o proceso de avellentamento nas súas vidas.
“Como en Shirin, de Abbas Kiarostami, un filme contado a través dos rostros-espello de varias mulleres nunha sala de cinema, mentres ven un romance medieval persa que nós só podemos escoitar, tamén Your Face está feita de primeiros planos que contan unha historia en off. Falan a pel, os poros, as engurras, as cicatrices, a maquillaxe, a suor, a saliva, o pelo, a calvicie. Ver este filme é sentir que se abre unha porta que está sempre pechada. Your Face colócanos de maneira directa fronte a rostros descoñecidos, aínda que liberados do pudor e a discreción que impiden observar as persoas na rúa. A experiencia voyeur do cinema multiplícase aquí grazas ao primeiro plano e ao traballo de Tsai co tempo. Só a duración destas longas tomas fai posible que unha impresión superficial ou un prexuízo se torne nunha mirada receptiva e atenta que escoita o que din estes rostros, porque cada persoa (cada plano), encerra un filme en si mesma, coa súa presentación, nó e desenlace, construído con silencios ou con máis ou menos drama”.
Andrea Franco (texto completo na revista dixital Transit: cine y otros desvíos).