Ano

2019

Nacionalidade

Colombia, Países Baixos, Arxentina, Alemaña

Duración

102 min.

Xénero

Drama

Idioma

Castelán, inglés

6,25

Nota do público
NOV
8
Venres, 22:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
12
Martes, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada

2019: premio especial do xurado da World Cinema Dramatic Competition no Festival de Sundance

2019: sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín

2019: sección Horizontes Latinos e premio Sebastiane no Festival de San Sebastián

Un grupo de adolescentes guerrilleiros alcumados “Los Monos” teñen a misión de protexer unha doutora americana secuestrada en Colombia. Achégase unha gran batalla e os mozos deberán facer fronte ao inimigo e defendela.

Crítica Cineuropa

Cando hai unha contorna de illamento, xuventude e violencia, a referencia a O señor das moscas, de William Golding é obrigada. A crítica tamén nomea Apocalypse Now para encadrar este filme de Alejandro Landes, poderoso e cheo de misterio. Aquí hai unha abstracción: un grupo guerrilleiro que pode ser calquera, unha refén e unha natureza espectacular e salvaxe, idónea para perder a cabeza pouco a pouco mentres a película volve ser cada vez máis lisérxica. Landes compón un filme de imaxes cinematograficamente puras, que pasa do drama ao cinema de aventuras co terror sempre axexando ao fondo do plano.

Ficha artística

Julianne Nicholson, Moises Arias, Jorge Román, Sofia Buenaventura, Laura Castrillón, Sneider Castro

Ficha técnica

Guión: Alexis Dos Santos, Alejandro Landes (Historia: Alejandro Landes)
Música: Mica Levi
Fotografía: Jasper Wolf