Ano

2017

Nacionalidade

Francia

Duración

174 min.

Xénero

Drama, comedia

Idioma

Francés, Inglés

6,08

Nota do público
NOV
13
Mércores, 18:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
14
Xoves, 21:15
Cinema NUMAX
Mercar entrada
2018: Nomeada a mellor actriz revelación (Ophélie Bau) nos Premios César

2017: Sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Venecia

Verán de 1994. Amin, un mozo aspirante a guionista e fotógrafo, volve á súa vila natal na costa sur de Francia logo de vivir un ano en París. Así que chega descobre que o seu curmán Tony mantén unha relación en segredo coa moza Ophélie, que está prometida. Amin bota os días na praia mentres se vai reencontrando cos seus, todos de orixe tunisiana. Coñecerá varias mozas que gozan do verán, especialmente a liberal Céline e a cándida Charlotte, seducida polo mullereiro Tony. Polas noites todos saen de festa a divertirse. Sempre discreto e reservado, Amin observa os xogos de sedución ao seu arredor, anhelando vivir o seu propio romance coma nos filmes. Pero cando se trata do amor, só o mektoub (‘destino’, en árabe) pode decidir.

Crítica Cineuropa

Despois de alcanzar o ceo cannoise coa Palma de ouro que lle outorgaron por A vida de Adèle, o cineasta Abdellatif Kechiche emprendeu unha arriscada aventura cinematográfica que pretende converter nun tríptico baixo o nome xenérico de Mektoub, my love. Pero o paso por Venecia da segunda parte do proxecto foi calquera cousa menos triunfante e converteuse na película polémica do festival, coa crítica enumerando todos os planos que o cineasta dedica a traseiros femininos e contando os minutos de duración dun cunnilingus interminable no baño dunha discoteca. A pesar de todo o ruído, parécenos un momento espléndido (e máis aínda coa liña que leva Cineuropa este ano) recuperar a primeira parte, que nin se estreou en salas comerciais. A verdade é que Kechiche non o pon fácil ao espectador nesta celebración hedonista da xuventude e cume da cousificación dos corpos femininos. Agora o debate supón diferenciar se a mirada lúbrica é a do director ou, pola contra, a forma máis directa de mostrar as preocupacións vitais duns rapaces no verán de 1994 que se moven entre praias e discotecas. Todo un desafío que a evidente sabedoría de Kechiche como cineasta non fai máis que complicar.

Ficha artística

Shaïn Boumedine, Ophélie Bau, Lou Luttiau, Salim Kechiouche, Alexia Chardard, Hafsia Herzi, Kamel Saadi, Hatika Karaoui, Estefania Argelich, Sieme Miladi, Meleinda Elasfour, Delinda Kechiche, Karina Kolokolchykova

Ficha técnica

Guión: Abdellatif Kechiche, Ghalia Lacroix
Música: Rémi Barbot
Fotografía: Marco Graziaplena