Ano

2019

Nacionalidade

Kazajstán

Duración

75 min.

Xénero

Drama

Idioma

Kazajo

6,65

Nota do público
NOV
18
Luns, 18:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
20
Mércores, 19:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: Festival de Cinema de Locarno e Festival Internacional de Cinema de Toronto

Logo da misteriosa desaparición do seu marido, Mariam, nai de catro fillos pequenos, vese na obriga de tomar decisións fatais, pero tamén de redescubrir a súa feminidade.

Crítica Cineuropa

Moitas veces o cinema consiste en focalizar ben o que verdadeiramente importa. En Mariam, a realizadora non despega a cámara da súa protagonista, a casaca Meruert Sabbusinova, e iso significa que recolle momentos importantes (a desaparición do seu marido, a denuncia na policía) e outros máis aleatorios (co gando ou simplemente o seu corpo avanzando pola neve). A suma de todos eses anacos de tempo funciona como retrato máis alá da peripecia argumental, que pode ser máis ou menos predicible. Eses momentos de intimidade con esta actriz (ou non-actriz, é algo que descoñecemos) son a verdadeira alma do filme.

Ficha artística

Meruert Sabbusinova, Hamza Koksebek, Almas Bektibayev, Edige Ahmet

Ficha técnica

Guión: Sharipa Urazbayeva
Fotografía: Samat Sharipov