Ano

2018

Nacionalidade

España

Duración

65 min.

Xénero

Documental

Idioma

Éuscaro, francés, inglés, alemán

7,50

Nota do público
NOV
10
Domingo, 20:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
12
Martes, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

O filme relata a viaxe persoal e cinematográfica dunha muller da man de cineastas como Theo Angelopoulos, Bego Vicario, Rut Hillarp ou Wim Wenders. A súa visión do que é o cine, o que se agocha dentro das imaxes crúzase, nesta road movie de non-ficción, co mundo da apicultura, da arquitectura, da paisaxe humana e da luz do norte. Lurralde Hotzak é cine dentro do cine e transita por localizacións cinematográficas que cobran novos sentidos ao seren revisitadas por unha mirada contemporánea. Dende as paisaxes de terra adentro, queimados polo sol, pasando pola luz azul das terras ao norte, o filme reflexiona sobre os arquivos cinematográficos, a súa vixencia e a súa importancia como tesouro cultural. Ao mesmo tempo, outórgalle á arqueoloxía cinematográfica un novo sentido ao situala en interacción con imaxes do presente.

Crítica Cineuropa

Road movie documental en primeira persoa, Cold lands, a segunda película de Iratxe Fresneda, é un filme vagabundo que fala de moitas cousas, moitos temas que engarzan coa mesma fluidez que desfilan as imaxes do que vai atopando na súa viaxe de sur a norte. Filme harmónico no que por momentos asoma a dor e a inxustiza en forma de ósos das cunetas do franquismo, ou da tristura que supón vagar por estas “terras frías” de pasados gloriosos que latexan e dan fondura aos belos planos de fotografías antigas, de abellas, de camiños desertos, dun iceberg…

Ficha técnica

Guión: Iratxe Fresneda
Música: Anari, Uxue Alberdi, Joseba Irazoki
Fotografía: Iratxe Fresneda