Ano
2019
2019
Francia
92 min.
Animación, drama
Francés
Vítima dun accidente, a cadeliña Marona lembra os diferentes propietarios e propietarias que foi tendo e querendo ao longo da súa vida. Pola súa empatía inesgotable, o seu percorrido vital convértese nunha lección de amor.
Filme sinxelo, pequeno, cheo de agarimo cara á protagonista (unha cadeliña de nome Marona), baseada na mascota real da realizadora Anca Damian. Sinxelo en canto á historia (o animal rememora a súa vida a carón de distintos donos despois dun accidente), porque o trazo do filme está cheo de arte e creatividade e pasa das dúas dimensión ao 3D con facilidade e encanto. A antropomorfización do animal a través dos seus pensamentos funciona e brinda momentos cheos de emotividade e lirismo.