Ano
2019
2019
Francia
80 min.
Animación, drama
Francés
No verán de 1998 Kabul é unha cidade en ruínas ocupada polos talibáns. Mohsen e Zunaira son dous adolescentes que se namoraron malia viviren nunha contorna chea de violencia e miseria. Aínda que van sobrevivindo día a día, un acto irresponsable de Mohsen cambiará as súas vidas para sempre.
Acuarelas para o mundo gris do réxime talibán en Afganistán. O trazo sinxelo flúe e o vigor desta dura historia que nunca perde pulos consegue que un esqueza por momentos que está vendo un filme de animación. Bo sinal. Na metade hai un xiro de guión algo forzado, pero que renova a sucesión de acontecementos vista ata o momento e lanza a película e as súas personaxes cheas de matices a novos lugares. Mención á parte merece o traballo dos diálogos e as voces, que coa súa naturalidade en cada frase e inflexión, logran que Les hirondelles de Kaboul se converta nunha experiencia inmersiva e moi recomendable.
Simon Abkarian, Zita Hanrot, Swann Arlaud, Hiam Abbass, Jean-Claude Deret, Sébastien Pouderoux de la Comédie-Française, Serge Bagdassarian de la Comédie-Française, Michel Jonasz, Pascal Elbé
Guión: Zabou Breitman, Patricia Mortagne, Sébastien Tavel (baseado na novela de Yasmina Khadra)
Música: Alexis Rault