Ano

2019

Nacionalidade

Suíza, Bélxica

Duración

90 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

7,84

Nota do público
NOV
11
Luns, 19:10
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
18
Luns, 16:00
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección New Directors do Festival de San Sebastián

Unha vaga de calor está a provocar que o campo suízo seque a toda velocidade no verán do 76. Nun ambiente abafante, Gus, un neno de 13 anos e fillo dun labrego, ve como a súa contorna familiar e a súa inocencia rachan: está a vivir a fin dun mundo.

Crítica Cineuropa

O verán explota na pantalla neste filme de descubrimentos e empoderamentos varios na Suíza dos anos 70. A estación estival sempre é propicia para a sensualidade, os tumultos sentimentais e a apertura de ollos a un novo mundo: o que se lle presenta ao rapaz protagonista, que de súpeto sente como se move a terra debaixo dos seus pés. A beleza da contorna non fai máis que sublimar a sensación de perda, pero tamén de comezo de cousas novas. A directora Delphine Lecericy roda en celuloide para capturar cada gran de luz que esvara pola pel de homes e mulleres, animais e plantas. A fin dunha época é o comezo doutra.

Ficha artística

Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera

Ficha técnica

Guión: Jaione Camborda
Fotografía: Alberte Branco