Ano
2019
2019
Arxentina
85 min.
Drama, comedia
Castelán
Principios dos noventa en Bos Aires. Amanda ten 10 anos, dous irmáns menores e pais separados cos que conviven de xeito alterno. Cando están co pai, a rapaza vese na obriga de ocupar o lugar do adulto e de coidar –como pode-, de todos, xa que Gustavo é un tipo bastante particular que ama os seus fillos apenas un pouco máis que a si mesmo. Un día, a nai propón unha alternativa fóra do país, lonxe da desorganizada vida do pai, e a Amanda esa proposta déixaa en xaque.
Hai unha sobreexplotación da expresión “un filme fresco”, pero a verdade é que é moi difícil non usala para falar de Las buenas intenciones, ópera prima de Ana García Blaya. Esta película, ambientada no Bos Aires de principios dos 90, utiliza imaxes de diversa procedencia (de arquivo e tamén rodadas para a ocasión cun aspecto inequívoco de vídeo doméstico). Aquí, padres desastrados pero encantadores coidan desleixadamente de fillas que aprenden rápido a desenvolvérense soas por supervivencia. Unha espectacular playlist de hits de rock arxentino da época (algúns deles interpretados pola banda do pai da directora) visten o conxunto con vitalidade contaxiosa.