Ano

2019

Nacionalidade

Colombia

Duración

75 min.

Xénero

Drama, documental

Idioma

Castelán, wayuu

5,83

Nota do público
NOV
9
Sábado, 18:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
10
Domingo, 17:45
Cinema NUMAX
Mercar entrada

2019: sección oficial de documentais internacionais do Festival de Sundance

2019: sección oficial do DocsBarcelona

2019: sección Forum do Festival Internacional de Cinema de Berlín

Doris, unha moza indíxena do pobo wayú, soña que se reencontra coa súa prima morta. Esta visión marca o inicio dun antigo ritual existente na súa cultura ancestral: deberá ir ao medio do deserto colombiano de Guajira e exhumar os restos da curmá para enterralos no cemiterio familiar. Unha viaxe espiritual que fai esvaecer os conceptos occidentais de perda, tempo e eternidade.

Crítica Cineuropa

Cando un cineasta se achega a unha comunidade descoñecida para o espectador e baseada en ritos ancestrais de sinais e premonicións, o mellor é non explicalo todo e conservar parte do misterio. Así o fai o colombiano Juan Pablo Polanco neste filme telúrico e animista. A tradición é despachada con tres ou catro liñas de diálogo polo que o sentido último deste segundo enterro dos restos dun familiar permanece en gran parte nunha zona de sombra que lle senta de marabilla a este filme que se move entre a observación do cotián e un imperio de forzas que non comprendemos.

Ficha artística

Carmen González Jusayú, Doris González Jusayú

Ficha técnica

Guión: Juan Pablo Polanco
Produción: Julián Quintero