Ano

2019

Nacionalidade

Arxentina

Duración

85 min.

Xénero

Documental

Idioma

Castelán

NOV
27
Mércores, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: premio TVE Otra mirada no Festival de San Sebastián

Cada día morre unha muller na Arxentina debido aos abortos clandestinos. En 2018, debateuse un proxecto de lei de aborto legal que dividiu o país. Logo dunha vitoria na Cámara de Deputados, pero antes do voto definitivo no Senado, o documental reflicte a batalla decisiva, con testemuños de vítimas e de mulleres que lideraron esta loita.

Crítica Cineuropa

Juan Diego Solanas, fillo do gran “Pino” Solanas, o director de La hora de los hornos ou Memoria del saqueo, recolle o testemuño do seu pai e fai un filme urxente que no que trata da batalla que se viviu o ano pasado en Arxentina, na cámara, nos xulgados e nas rúas, para que o aborto libre e gratuíto fose unha realidade. Documental informativo, combativo e de “mensaxe”: como Moretti en Santiago, Italia, non engana a ninguén e toma partido. Solanas Jr. vai de cara e conta os feitos nun crescendo que cheira a vitoria. Aínda que ao final non puido ser, calquera arxentino ou arxentina que precise coller forzas para lanzarse ás rúas de novo non ten máis que ver este filme.

Ficha técnica

Guión: Juan Diego Solanas
Fotografía: Juan Diego Solanas
Música: Paula Moore