Ano

2019

Nacionalidade

Guatemala, Francia

Duración

97 min.

Xénero

Drama, terror

Idioma

Castelán

7,46

Nota do público
NOV
15
Venres, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
16
Sábado, 19:50
Multicines Compostela
Mercar entrada

2019: sección Giornate degli Autori da Mostra de Venecia

2019: sección Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián

Coas palabras “se choras, mátote” a resoar nos oídos, Alma e os seus fillos son asasinados no conflito armado de Guatemala. Trinta anos despois, ábrese unha causa penal contra Enrique, un xeneral retirado que estivo á fronte do xenocidio. O xuízo é declarado nulo e o militar é absolto, mais o espírito de La Llorona libérase para vagar polo mundo como unha alma perdida entre as persoas vivas. Polas noites, Enrique comeza a escoitala chorar. A muller e a filla cren que está sufrindo accesos de demencia relacionados co alzhéimer, polo que ningún dos tres sospeita que a súa nova ama de chaves, Alma, planea vingarse para reparar un ditame que considera inxusto.

Crítica Cineuropa

Semella unha opción evidente, pero non abundan os filmes que mesturen o relato histórico dun sanguinario conflito armado (neste caso, o que sacudiu Guatemala durante máis de trinta anos) con cinema de terror puro e duro. Jayro Bustamante, unha das novas voces do cinema iberoamericano, convoca a figura de La llorona con lóxica incontestable para que se lle apareza ao típico xeneral retirado que sae ileso dos xulgados pero non así do plano espectral. As vítimas e a vinganza ultraterrea como xustiza poética doutro mundo, seica a única posible en tantas e tantas inxustizas como hai polo mundo adiante.

Ficha artística

María Mercedes Coroy, Sabrina de la Hoz, Julio Diaz, Juan Pablo Olyslager, Ayla-Elea Hurtado, María Telón, Margarita Kénefic

Ficha técnica

Guión: Jayro Bustamante
Música: Pascual Reyes
Fotografía: Nicolas Wong